XORNADA DE PRESENTACIÓN DE GRUPOS DE INVESTIGACIÓN DA REDE RIES

Co galo de dar a coñecer as liñas de investigación dos seis Grupos pertencentes ás Universidades de Santiago de Compostela e Vigo que conforman a Rede Ries, organízase esta Xornada que terá lugar o vindeiro 4 de Maio de xeito simultáneo no Campus de Pontevedra e en Santiago de Compostela.

Os destinatarios principais desta Xornada son os alumnos do último curso da Facultade de CC. da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e da Facultade de Cc. da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo.

Máis información no seguinte enlace: www.usc.es/esculca

Formulario de inscrición:

Xornada Informativa

Ficha de inscrición

Powered byEMF Web Form
Report Abuse

miércoles, 29 de febrero de 2012

A Rede RIES organiza no mes de Marzo dous Seminarios impartidos pola Profesora Concepción Aroca Montolío da Universidade de Valencia. Para ampliar a información premer nos seguintes enlaces:



"DELINCUENCIA XUVENIL E VIOLENCIA FILIO-PARENTAL: A INTERVENCIÓN PSICOPEDAGÓXICA"



http://www.usc.es/esculca/novidades/seminario_delincuencia.pdf


PROGRAMA DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DA PARELLA: “LA MÁSCARA DEL AMOR
(LMA)”


http://www.usc.es/esculca/novidades/seminario_prevencion_violencia.pdf

lunes, 27 de febrero de 2012


CONCURSO PARA A SELECCIÓN DE MATERIAIS RIES

A Rede RIES convoca o 1º Concurso de Materiais Educativos dirixidos ao desenvolvemento da percepción da diversidade cultural como valor.

Pódense descargar as bases e os anexos de inscrición premendo nos seguintes enlaces:


Anexo I (persoas físicas)

Anexo II (entidades)

Anexo III (centros docentes)


Para proceder á inscripción pódense seguir dous camiños:

Primeiro: Premer nos enlaces anteriores en versión .pdf e envialos cubertos e escaneados ao seguinte enderezo electrónico: rede.ries@gmail.com

Segundo: Cubrir os documentos en formato word que se atoparán na páxina web www.usc.es/esculca e envialos ao enderezo rede.ries@gmail.com

Para calquera dúbida consultar por enderezo electrónico en rede.ries@gmail.com

viernes, 24 de febrero de 2012

Que é a Rede RIES?


Seis Grupos de Investigación das Universidades de Santiago de Compostela e Vigo con varios Premios Nacionais de Investigación ás súas costas, veñen de crear en novembro de 2011 a Rede de Investigación RIES (Rede de Inmigración, Educación e Sociedade),  coordinada por Miguel Ángel Santos Rego, Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, e integrada por homes e mulleres cunha ampla traxectoria académica e experiencia investigadora. Nela están presentes tamén xoves investigadores que están a realizar as súas teses doutorais ou que están asociados a contratos de investigación.

Algúns destes grupos traballan desde diferentes ópticas temas vencellados  á emigración e á inmigración, como a integración desde o ámbito familiar, escolar e social, formación integral laboral, procesos de adquisición de segundas linguas ou avaliación de programas.

Entre os obxectivos da Rede destacan o deseño de vías de intervención e desenvolvemento  educativo para mellorar a inclusión social das persoas procedentes da inmigración, xunto á avaliación da calidade de plans, proxectos, programas e servizos vinculados á inserción social da poboación inmigrante. Finalmente, será obxecto da súa atención principal a evolución dos actuais fluxos migratorios e a súa radiografía educativa no contexto da grande  crise económica que estamos a experimentar.




Boletín Febreiro 2012



A Rede RIES edita o Primeiro número do seu boletín trimestral co galo de difundir as súas actividades


Podedes descargalo neste enlace: