XORNADA DE PRESENTACIÓN DE GRUPOS DE INVESTIGACIÓN DA REDE RIES

Co galo de dar a coñecer as liñas de investigación dos seis Grupos pertencentes ás Universidades de Santiago de Compostela e Vigo que conforman a Rede Ries, organízase esta Xornada que terá lugar o vindeiro 4 de Maio de xeito simultáneo no Campus de Pontevedra e en Santiago de Compostela.

Os destinatarios principais desta Xornada son os alumnos do último curso da Facultade de CC. da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e da Facultade de Cc. da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo.

Máis información no seguinte enlace: www.usc.es/esculca

Formulario de inscrición:

Xornada Informativa

Ficha de inscrición

Powered byEMF Web Form
Report Abuse

viernes, 24 de febrero de 2012

Que é a Rede RIES?


Seis Grupos de Investigación das Universidades de Santiago de Compostela e Vigo con varios Premios Nacionais de Investigación ás súas costas, veñen de crear en novembro de 2011 a Rede de Investigación RIES (Rede de Inmigración, Educación e Sociedade),  coordinada por Miguel Ángel Santos Rego, Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, e integrada por homes e mulleres cunha ampla traxectoria académica e experiencia investigadora. Nela están presentes tamén xoves investigadores que están a realizar as súas teses doutorais ou que están asociados a contratos de investigación.

Algúns destes grupos traballan desde diferentes ópticas temas vencellados  á emigración e á inmigración, como a integración desde o ámbito familiar, escolar e social, formación integral laboral, procesos de adquisición de segundas linguas ou avaliación de programas.

Entre os obxectivos da Rede destacan o deseño de vías de intervención e desenvolvemento  educativo para mellorar a inclusión social das persoas procedentes da inmigración, xunto á avaliación da calidade de plans, proxectos, programas e servizos vinculados á inserción social da poboación inmigrante. Finalmente, será obxecto da súa atención principal a evolución dos actuais fluxos migratorios e a súa radiografía educativa no contexto da grande  crise económica que estamos a experimentar.




No hay comentarios:

Publicar un comentario